Reimóndez, María

María Reimóndez é tradutora e intérprete de profesión e feminista por convicción. O seu primeiro libro publicado foi o poemario ?Moda Galega? (2002), ao que regresou nunha reescrita dez anos máis tarde en ?Moda Galega reloaded? (2013) e posteriormente publicou ?kleinigkeiten/cousiñas? (2013), ?Presente continuo? (Xerais 2013) e " Galicia en bus " (Xerais, 2018), Premio Johán Carballeira 2017. Como narradora, é autora das seguintes novelas: ?O Caderno de Bitácora? (2004), premio de novela Mulleres Progresistas 2003; ?O club da calceta? (Xerais 2006), finalista do Premio Xerais de Novela 2005, Premio Arcebispo San Clemente 2007, traducida ao castelán, italiano e francés, e adaptada á escena por Teatro do Morcego e ao cine por Ficcións; ?Pirata? (Xerais 2009), traducida ao italiano; ?En vías de extinción? (Xerais 2012), traducida ao castelán, coa que iniciou a serie " Ciclo dos elementos " ; ?Dende o conflito? (Xerais 2014), Premio Xerais de Novela; ?A música dos seres vivos? (Xerais 2015); ?A dúbida? (Xerais 2016), XIV Premio La Voz de Galicia de Novela por Entregas e " As cousas que non queremos oír " (Xerais, 2017). No ámbito da literatura infantil é autora de ?Usha? (Xerais 2006), finalista do Premio Merlín 2005; ?Lía e as zapatillas de deporte? (Xerais 2008); ?O monstro das palabras? (Xerais 2009); ?Volvo! O regreso de Usha? (Xerais 2014); e ?Corredora? (Xerais 2017). Como ensaísta publicou ?A alternativa está aquí? (Xerais 2014), en coautoría con Olga Castro, o libro ?Feminismos? (Xerais 2013) e " Corpos exorbitantes " (2017), Premio Xohana Torres de Ensaio. En 2015 a AGE concedeulle o Premio Xosé María Álvarez Blázquez ao autor/a do ano. É fundadora da organización non gobernamental de cooperación ao desenvolvemento Implicadas/os no Desenvolvemento, que leva traballando desde o ano 1998 na India e en Etiopía en proxectos de desenvolvemento integral cun claro compromiso pola superación da discriminación de xénero como base do desenvolvemento perdurable. O


Libros del autor

Ordenar y filtrar

Opciones

Ordenar por:

Filtros Quitar

Disponibilidad:

Sección:

Editorial / Marca: